Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6062

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz

ANUNCIO de información pública sobre actividade de fabricación de bebidas non alcohólicas, produción de augas minerais e outras augas embotelladas nunha nave industrial sita na avenida do Val en Mondariz.

Juan Carlos Guerrero Sahuquillo, en representación de Aguas de Mondariz Fuente del Val, S.L., solicitou desta alcaldía licenza municipal para a actividade de fabricación de bebidas non alcohólicas, produción de augas minerais e outras augas embotelladas nunha nave industrial sita na avda. do Val en Mondariz. Sométese a información pública por un período de vinte días, mediante anuncio que se publicará no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción da última publicación deste anuncio nos citados boletíns, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Mondariz, 23 de novembro de 2011.

Julio Alén Montes
Alcalde