Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6063

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de extracto da convocatoria e das bases para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de directivo, denominado director da Asesoría Xurídica da Deputación Provincial, reservado a persoal funcionario, vacante na RPT.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 29, do 4 de febreiro de 2012, publícanse a convocatoria e as bases para a provisión do posto de traballo, vacante na RPT, que se proverá polo sistema de libre designación, que a continuación se relaciona:

Número de vacantes: unha. Adscrición: Asesoría Xurídica-Presidencia. Denominación: director da Asesoría Xurídica. Complemento de destino: 30. Requisitos indispensables: poderán tomar parte nesta convocatoria os funcionarios de calquera das administracións públicas ou organismos públicos que pertenzan a corpos ou escalas xurídicas para cuxo ingreso sexa necesario o título de licenciado ou graduado en Dereito. Grupo A-A1.

Presentación de solicitudes: presentarase no modelo oficial que estará á disposición dos interesados na Unidade de Selección, Promoción e Carreira e na páxina web da entidade.

Lugar de presentación: rexistro xeral desta entidade ou nos lugares determinados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Dirixiranse ao presidente da Deputación Provincial de Lugo.

Prazo de presentación: quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria se publicarán no Boletín Oficial de la provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios e na páxina web desta corporación.

Lugo, 6 de febreiro de 2012.

José Ramón Gómez Besteiro José Antonio Mourelle Cillero

Presidente da Deputación Secretario da Deputación

Provincial de Lugo Provincial de Lugo