Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 3 de xaneiro de 2012 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 6 de outubro de 2011 que fixa o prezo xusto do predio número 205 sito en Cambados, relativa ao proxecto 00797 Mellora de seguridade viaria PO-550 Cambados (VRG-4.3)-A Lanzada (VRG-4.1), treito: p.q. 5,300 ao 8,300 (expediente 2009/007052).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante esta cédula a Eduardo Padín Cousido o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 6 de outubro de 2011 que fixa o prezo xusto do predio n.º 205 sito en Cambados, relativo ao proxecto 00797 Mellora de seguridade viaria PO-550 Cambados (VRG-4.3)-A Lanzada (VRG-4.1), treito: p.q. 5,300 ao 8,300 (expediente 2009/007052), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2012.

Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00797 Mellora de seguridade viaria PO-550 Cambados (VRG-4.3)-A Lanzada (VRG-4.1). Treito: p.q. 5,300 ao 8,300. Clave: PO/06/051.06.

Concello: Cambados.

Provincia: Pontevedra.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Beneficiaria: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data acto que se notifica

N.º de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Eduardo Padín Cousido

6.10.2011

2009/007052

205

15.859,57