De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.
2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2012.
Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto: 00797, mellora seguridade viaria PO-550 Cambados (VRG-4.3)-A Lanzada (VRG-4.1). Treito: p.q. 5,300 ao 8,300. Clave: PO/06/051.06.
Concello: Meaño. Provincia: Pontevedra.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.
Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas de Pontevedra.
Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.
Persoa que se notifica |
Data acto que se notifica |
N.º expediente |
Predio |
Prezo xusto (€) |
Artella Diseño y Promociones, S.L. Artella Diseño y Promociones, S.L. José Manuel Domínguez Carson, S.A. |
6.10.2011 6.10.2011 6.10.2011 6.10.2011 |
2009007066 2009007068 2009007076 2009007081 |
012 014 036 047 |
17.158,88 6.425,08 972,50 48.566,51 |