Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 3 de xaneiro de 2012 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 8 de setembro de 2011 que fixa o prezo xusto do predio número 21 B sito en Fisterra, relativo ao proxecto 00788-Alargamento e mellora C-550 Fisterra a Tui pola costa. Treito: Fisterra-Cee (expediente 2010/001694).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a María López González o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 8 de setembro de 2011, que fixa o prezo xusto do predio número 21 B sito en Fisterra, relativo ao proxecto proxecto 00788-Alargamento e mellora C-550 Fisterra a Tui pola costa. Treito: Fisterra-Cee, expediente 2010/001694, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición, impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición da interesada nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2012.

Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00788-Alargamento e mellora C-550 Fisterra a Tui pola costa. Treito: Fisterra-Cee. Clave: N/AC/87.1.5.

N.º expediente: 2010/001694.

Persoa á que se notificará: María López González.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Expropiada: María López González.

Beneficiaria: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Predio n.º: 21 B.

Concello: Fisterra.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do xurado: 16.949,52 euros.