Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria de Vilar de Vacas (Cartelle-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada interposto contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Vilar de Vacas (Cartelle-Ourense), por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano s/n, en horario das 9.00 ás 14.000 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2012.

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: resolución recurso de alzada contra o acordo de concentración.

Interesada: Eulalia González Rodríguez.

Último enderezo coñecido: rúa Alexandre Bóveda n.º 37-4.º B, Ourense.

Acto notificado: resolvo desestimar o recurso de alzada interposto por Eulalia González Rodríguez en representación de Eulalia González Rodríguez e outros (propietario n.º 241, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Vilar de Vacas (Cartelle-Ourense).

A presente resolución pon fin a vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e artigos 10.1 a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Notifíquese aos interesados segundo o establecido na lexislación vixente.