Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en aplicación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola xefa do Servizo Xurídico.

As comparecencias deberanse efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar sita na praza de Luís Seoane s/n, edificio administrativo Monelos, 3.º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse as comparecencias, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2012.

Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo

Anexo

Denunciado: José Benito Caamaño Rama.

Acto de notificación: requirimento Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Denunciado: Nemesio Espiñeira López.

Acto de notificación: requirimento Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.