Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se empraza a interesada que consta no anexo, no recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 0000655/2011.

Esta consellería recibiu da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número P.O. 0000655/2011, interposto por José Alonso Núñez Villanueva, María de la Cruz Enjo Mallou e María Teresa Rodríguez Álvarez contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 3 de xuño de 2011, polo que se establece a forma de dar cumprimento ao exercicio da opción de integración ao persoal procedente das fundacións de desenvolvemento comarcal ás entidades instrumentais do sector público autonómico competentes en materia de medio rural.

En consecuencia, esta consellería acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para o seu coñecemento á interesada que se sinala no anexo, logo de non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprazándoa para que poida comparecer como demandada nos autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2012.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Interesada: Elsa Hermida Torres.

Asunto: emprazamento no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 0000655/2011, interposto por José Alonso Núñez Villanueva, María de la Cruz Enjo Mallou e María Teresa Rodríguez Álvarez.