Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica unha resolución de concesión da axuda de prima non renovable a Santiago Prieto Riveira.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle a:

– Santiago Prieto Riveira a resolución de concesión de axuda de prima non renovable ao abeiro da Orde do 13.1.2011 (DOG núm. 13, do 20 de xaneiro).

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos á partir do día seguinte á publicación desta notificación.

O expediente que a seguir se relaciona e que está á disposición dos interesados atópase na Secretaría Xeral do Mar, rúa do Sar, n.º 75, Santiago de Compostela:

Número de expediente: PE113D 2011/67.

Nome: Santiago Prieto Riveira.

Enderezo: avda. de Ferrol, portal 37, 1.º C.

NIF: 33850900Y.

Embarcación: Novo Barquita.

Axuda concedida: 10.500 euros.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2012.

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar