Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica unha resolución de denegación da axuda de prima non renovable a Alejandro Vieitez Molanes.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselle a:

– Alejandro Vieitez Molanes a resolución de denegación da axuda de prima non renovable ao abeiro da Orde do 13 de xaneiro de 2011 (DOG n.º 13, do 20 de xaneiro).

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de reposición, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

O expediente que a seguir se relaciona e que está á disposición dos interesados atópase na Secretaría Xeral do Mar; rúa do Sar, n.º 75, Santiago de Compostela.

Número de expediente: PE113D 2011/97.

Nome: Alejandro Vieitez Molanes.

Enderezo: Noria, 4, portal 2, 4.º J.

NIF: 78739830-C.

Embarcación: Martina Fontán número dous.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2012.

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar