Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica un acordo de inicio do procedemento declarativo de reintegro a nome de Bouzian Aarab.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselle a:

– Bouzian Aarab, acordo de inicio do procedemento declarativo de reintegro da axuda de prima non renovable ao abeiro da Orde do 11 de marzo de 2009 (DOG do 20 de marzo), modificada pola Orde do 17 de xuño de 2009.

O expediente a nome de Bouzian Aarab está á disposición do interesado e atópase na Secretaría Xeral do Mar, rúa do Sar, n.º 75, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2012.

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar