Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5940

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

DECRETO 72/2012, do 2 de febreiro, polo que se dispón o nomeamento de vogais do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo, e no citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais; todos eles serán nomeados por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

O Decreto 227/1995, do 20 de xullo, no artigo 10.1 determina que formarán parte do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia sete (7) vogais nomeados en representación dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias, dos cales tres (3) serán nomeados en representación das cámaras de comercio de Galicia.

Así mesmo, o artigo 10.9 do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, dispón que as vacantes que se produzan no Consello de Administración serán cubertas no mes seguinte á data en que se produciu a vacante e polo tempo que falte para completar o mandato de quen causou a vacante.

Por conseguinte, e vistas as propostas remitidas, é preciso proceder á renovación dos vogais representantes das cámaras de comercio de Galicia, vista a proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, por proposta da conselleira, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de febreiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo 1.

O nomeamento como vogal titular do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Cámara de Comercio da Coruña e polo tempo que falte para completar o mandato de quen causou a vacante: Marcelo Castro-Rial Schuler.

Artigo 2.

O nomeamento como vogal titular do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Cámara de Comercio de Pontevedra e polo tempo que falte para completar o mandato de quen causou a vacante: Francisco M. Moldes López.

Artigo 3.

O nomeamento como vogal titular do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Cámara de Comercio de Lugo e polo tempo que falte para completar o mandato de quen causou a vacante: Eduardo J. Núñez-Torrón Freijo.

Santiago de Compostela, dous de febreiro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar