En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1.º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG n.º 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (DOG n.º 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coas propostas efectuadas polo S.N. de CC.OO. de Galicia e pola Confederación de Empresarios de Galicia,
DISPOÑO:
Artigo 1.
Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia a Asunción Esteban Ceballos, en representación do S.N. de CC.OO. de Galicia.
Artigo 2.
Nomear membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia a Ángel Fernández Presas, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.
Santiago de Compostela, nove de febreiro de dous mil doce.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente