Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5937

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

DECRETO 70/2012, do 2 de febreiro, polo que se dispón o cesamento de vogais do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo, e no citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais; todos eles serán nomeados por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

Entre as causas de cesamento, o devandito artigo 10 do Regulamento do ente público Portos de Galicia, no seu número 8, establece, entre outras, a perda da condición que habilitou o vogal para ser proposto, ou a proposta emanada do presidente, por iniciativa propia ou das institucións, corporacións ou organismos que propuxeron o nomeamento; establece tamén este citado número 8, que os vogais representantes dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias, das administracións locais e do persoal, agás as causas de cesamento que nel se consignan, desempeñarán o seu cargo durante catro anos. Así mesmo, o citado artigo 10 dispón no seu número 10 que os vogais representantes das administracións locais e dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias se renovarán por metades cada dous anos e poderán ser reelixidos unha soa vez ao finalizaren o seu mandato.

Por conseguinte, recibida proposta de cesamento e novo nomeamento de vogais representantes das cámaras de comercio de Galicia, en representación dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias, no Consello de Administración do ente público, á vista da proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, por proposta da conselleira do Medio Rural e do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de febreiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo 1.

O cesamento como vogal titular do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Cámara de Comercio da Coruña, agradecéndolle os servizos prestados: Juan Antonio Quiroga Lage.

Artigo 2.

O cesamento como vogal titular do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Cámara de Comercio de Pontevedra, agradecéndolle os servizos prestados: Juan Carlos González Fernández.

Artigo 3.

O cesamento como vogal titular do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Cámara de Comercio de Lugo, agradecéndolle os servizos prestados: Antonio Pertejo Castaño.

Santiago de Compostela, dous de febreiro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar