Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 3 de xaneiro de 2012 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 22 de setembro de 2011, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 32 sito en Salvaterra de Miño relativo ao proxecto 00273-Aproveitamento integral das marxes do río Miño. TM Salvaterra de Miño (expediente 2007/001171).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Francisco Soto Martínez o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 22 de setembro de 2011, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio n.º 32 sito en Salvaterra de Miño relativo ao proxecto 00273 – Aproveitamento integral das marxes do río Miño. TM Salvaterra de Miño, expediente 2007/001171, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2012.

Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00273 -aproveitamento integral das marxes do río Miño. TM Salvaterra de Miño.

N.º expediente: 2007/001171.

Persoa para notificar: Francisco Soto Martínez.

Expropiante: concello de Salvaterra de Miño.

Expropiado: Francisco Soto Martínez.

Beneficiario: concello de Salvaterra de Miño.

Predio n.º: 32.

Concello: Salvaterra de Miño.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do xurado : 1.621,80 €.