Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 3 de xaneiro de 2012 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2008002717 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula, ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2012.

Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00496 Parque Eólico de Ourol. Exp. 082-EOL

Concello: Ourol

Provincia: Lugo

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Deleg. Prov. de Lugo

Beneficiario: Hidroeléctrica de Ourol, S.L.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto

Persoa que se notifica

Data do acto que se notifica

N.º expediente

Predio

Prezo xusto (€)

María del Carmen Sánchez Pardo e outra

María Begoña Moreiras Sánchez

María Vázquez Franco

María Vázquez Franco

Jesús Pedro Pillo Ferro

20.10.2011

20.10.2011

20.10.2011

20.10.2011

20.10.2011

2008002717

2008002717

2008002717

2008002718

2008002720

49A

49A

49A

49B

112

87.113,40

87.113,40

87.113,40

19.207,69

2.000,10