Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 3 de xaneiro de 2012 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 5 de agosto de 2010 que fixa o prezo xusto dos predios número 9 e 16 sitos no Grove, relativos ao proxecto 00004-Acondicionamento do acceso ao Grove, treito San Vicente do Mar-A Lanzada (expediente 2006/000052).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante esta cédula a Rafael Ouro Morales o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 5 de agosto de 2010 que fixa o prezo xusto dos predios número 9 e 16 sitos no Grove, relativos ao proxecto 00004-Acondicionamento do acceso ao Grove. Treito San Vicente do Mar-A Lanzada (expediente 2006/000052), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2012.

Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00004-Acondicionamento do acceso ao Grove. Treito San Vicente do Mar-A Lanzada.

Concello: O Grove. Provincia: Pontevedra.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data acto que se notifica

N.º expediente

Predios

Prezo xusto (€)

Rafael Ouro Morales

22.7.2010

2006000052

9 e 16

43.839,83