Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5915

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de nave de gando vacún de leite e construción de silos no lugar da Igrexa, na parroquia de Vilatuxe.

Leonardo López Moure solicitou licenza deste concello para ampliación de nave de gando vacún de leite e construción de silos no lugar da Igrexa, parroquia de Vilaúxe. En cumprimento do establecido no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente incoado a información pública polo período de vinte días no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios deste concello, sito na praza de España n.º 1 de Chantada (Lugo), período que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do seu exame e, de ser o caso, para efectuar as correspondentes reclamacións.

Chantada, 18 de xaneiro de 2012.

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde