Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5868

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 1071/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que neste xulgado se tramitan autos co número DSP 1071/2011 por instancia de David Lorenzo Costoya contra Grupo Emim Comunicación, Luis Davila Berdud, M.ª Isabel García Vázquez e Ediciones Medios de Información Multimedia, S.L. sobre despedimento, en que no día da data se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo David Lorenzo Costoya, contra Grupo Emim Comunicación, Luis Davila Berdud, M.ª Isabel García Vázquez e Ediciones Medios de Información Multimedia, S.L. e, en consecuencia, debo absolver os demandados das peticións formuladas na súa contra.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso o interpón a parte demandada, non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 € do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da LPL. Ambos os ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Emim Comunicación, co apercibimento de que as sucesivas comunicacións se realizarán nos estrados do xulgado agás as que sexa autos, sentenzas e emprazamentos, expido e asino este edicto na Coruña o vinte e seis de xaneiro de dous mil doce.

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial