Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5866

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (763/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Sebastián Álvarez López contra Elaborados y Derivados de la Madera, S.L. (Eldema, S.L.), en reclamación por ordinario, rexistrado co número 763/2009, ditouse o seguinte auto de aclaración:

«Auto.

Na Coruña, o vinte e nove de novembro de dous mil once.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 14.11.2011 ditou sentenza este xulgado do social en autos de demanda 763/2009 cuxo ditame literalmente di:

«…condeno esta a aboarlle a cantidade de 2.869,15 euros que lle debe en concepto de salarios…».

Segundo. O 22.11.2011 presentou escrito a letrada da demandante Cristina Gómez Lozano solicitando aclaración de sentenza.

Razoamentos xurídicos.

Único. De conformidade co que establece o artigo 267, parágrafo 3.º, da Lei orgánica do poder xudicial, que dispón que «os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento» e téndoo solicitado a letrada da demandante, procede a aclaración do ditame da sentenza nos termos, segundo se solicita.

Vistos os preceptos legais e demais de concordante aplicación.

Parte dispositiva.

O maxistrado xuíz dispón que procede a aclaración da sentenza do 14.11.2011, e, en consecuencia, rectifícase o seu ditame, o cal quedará do teor literal seguinte:

«…condeno esta a aboarlle a cantidade de 3.116,31 euros que lle debe en concepto de salarios…».

Notifíquese esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza.

Así, por este auto, mándao e asínao o maxistrado Carlos Villarino Moure. Dou fe.

O maxistrado xuíz O secretario xudicial»

E para que sirva de notificación a Elaborados y Derivados de la Madera, S.L. (Eldema, S.L.), expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial