Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5863

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (487/2011).

Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, mediante este anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Caixarenting, Sociedad Anónima, fronte a Phixius Soluciones en Telecomunicaciones, S.L., ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza n.º 273/2011.

Vigo, 1 de decembro de 2011.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, estes autos de xuízo verbal que co número 487/2011 se seguen por instancia de Caixarenting, S.A., que actuou no proceso representada polo procurador Andrés Gallego Martín-Esperanza e asistido do letrado Manuel Silva García, contra Phixius Soluciones en Telecomunicaciones, S.L., Gerardo Vázquez Rodríguez, declarados ambos os dous en situación de rebeldía procesual, e tamén contra Daniel Lorenzo Campos, representado pola procuradora Aurora Alonso Méndez e dirixido polo letrado Javier Rodríguez Pérez, os cales teñen por obxecto unha acción de reclamación de cantidade baseada nun título contractual.

Decido que estimo parcialmente a demanda interposta por Caixarenting, S.L., contra Phixius Soluciones en Telecomunicaciones, S.L., Gerardo Vázquez Rodríguez e Daniel Lorenzo Campos, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1. Condeno a Phixius Soluciones en Telecomunicaciones, S.L., a Gerardo Vázquez Rodríguez e mais a Daniel Lorenzo Campos, a pagar solidariamente a Caixarenting, S.L., unha cantidade de 3.078,38 euros en concepto de principal, a cal reportará uns xuros de demora de 20,50% anual, contados desde os respectivos vencementos das cantidades aprazadas no contrato de renting do 7 de novembro de 2007. Para os efectos do cálculo e liquidación dos xuros de demora, deberá ser tomado en consideración o pagamento que por importe de 300 euros foi efectuado o 8 de outubro de 2010.

2. Non procede facer pronunciamento condenatorio en materia de custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose a dita demandada, Phixius Soluciones en Telecomunicaciones, S.L., en situación de rebeldía procesual e paradoiro descoñecido, expídese este co fin de que sirva de notificación en forma á demandada.

Vigo, 20 de decembro de 2011.

O secretario xudicial