Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5861

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (267/2010).

María Luisa Rodríguez Delgado, secretaria xudicial, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, fai constar que neste procedemento de xuízo ordinario n.º 267/2010, seguido por instancia de Nieves Nieto Pereiro contra María Manuela Nieto Pereiro, Consuelo Nieto Pereiro, María Nieto Pereiro e Dorinda Nieto Pereiro, se ditou a sentenza do 21 de novembro de 2011, cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Vistos por Margarita Isabel Poveda Bernal, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, estes autos de xuízo ordinario 267/2010, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha, como demandante, Nieves Nieto Pereiro, co procurador Sr. Regueiro Muñoz e letrado Sr. Nogueira Romero, e doutra, como demandadas, María Manuela, Consuelo, María e Dorinda Nieto Pereiro, en rebeldía, dítase esta sentenza con base nos seguintes

Resolvo que estimando totalmente como estimo a demanda interposta por Nieves Nieto Pereiro, co procurador Sr. Regueiro Muñoz contra María Manuela, Consuelo, María e Dorinda Nieto Pereiro, en rebeldía, debo declarar e declaro que a demandante é titular dos seguintes predios:

1. Predio a labradío n.º 106, no sitio de Agra da Cruz, da zona de concentración parcelaria de Santa Cristina de Fecha, inscrito no Rexistro da Propiedade de Santiago, no tomo 940, libro 575, folio 110, predio 42148, inscrición 1.ª.

2. Predio a labradío Agra da Cruz, da zona de concentración parcelaria de Santa Cristina de Fecha, inscrito no Rexistro da Propiedade de Santiago, no tomo 940, libro 575, folio 113, predio 4251, inscrición 1.ª.

3. Predio a labradío e monte n.º 111, no sitio de Agra da Cruz, da zona de concentración parcelaria de Santa Cristina de Fecha, inscrito no Rexistro da Propiedade de Santiago, no tomo 940, libro 575, folio 115, predio 42153.

4. Predio Leira do Campo, predio a labradío n.º 108, no sitio de Agra da Cruz, da zona de concentración parcelaria de Santa Cristina de Fecha, inscrito no Rexistro da Propiedade de Santiago, no tomo 940, libro 575, folio 112, predio 42150, inscrición 1.ª.

Que procede a cancelación dos actuais asentos de dominio causados a prol das demandadas no Rexistro da Propiedade.

Que procede inscribir o dominio a prol da demandante dos referidos predios. Para tal efecto deberase dirixir a correspondente comunicación ao Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela.

Sen expresa imposición de custas.

Únase esta sentenza ao libro de rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuña que se unirá aos autos de que deriva.

Así, por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña.

O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación.

E ao estaren Manuela, Consuelo, María e Dorinda Nieto Pereiro, en paradoiro descoñecido e en situación de rebeldía, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2011.

A secretaria
Rubricado