Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5860

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (485/2010).

Rebeca Delgado Marzán, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, dou fe de que nestas actuacións se ditou resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Ferrol o cinco de abril de dous mil once.

Vistos por min, Marina Carmen Palomo Moreno, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos desta localidade, estes autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade, seguidos ante este xulgado baixo o número 485 do ano 2010, por instancia da entidade Banco Popular Español, S.A., representada pola procuradora Sra. Corte Romero e asistida do letrado Sr. Pampín García, contra Leoncio Emiliano Ríos Landaverea, en rebeldía.

Decido que, desestimando a demanda formulada pola entidade Banco Popular Español, S.A., representada pola procuradora Sra. Corte Romero, contra Leoncio Emiliano Ríos Landaverea, en rebeldía, debo absolver e absolvo o expresado demandado dos pedimentos contidos naquela demanda. Isto, con expresa condena da parte demandante ao pagamento das custas procesuais causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación. Para o que deberá terse en conta o disposto en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma ao demandado Leoncio Emiliano Ríos Landaverea, expido e asino este en Ferrol o 17 de novembro de 2011.

A secretaria