Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2012 Páx. 5805

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de información pública sobre apertura de infraestrutura para almacenamento e valorización de residuos de construción e demolición (RCD) nas Lagoas-Acevedo-Ove.

Faise público que Gestión Gratelu, S.L. solicita licenza de apertura de infraestrutura para almacenamento e valorización de residuos de construción e demolición nas Lagoas-Acevedo-Ove (Ribadeo). Conforme o Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, exponse ao público o expediente na Secretaría Xeral do concello por un prazo de vinte días para que durante este as persoas que se consideren afectadas poidan examinalo e presentar, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ribadeo, 17 de xaneiro de 2012.

Fernando Suárez Barcia
Alcalde