Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2012 Páx. 5804

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública sobre reforma e ampliación de naves para fabricación de caldeiraría (expediente AM/01/12).

Citic Censa Hic, S.A.U. solicitou da Alcaldía licenza municipal de obra e actividade para reforma e ampliación de naves industriais existentes destinadas á fabricación de elementos de caldeiraría pesada, sitas no polígono industrial Prado-Budiño, parcela R-22, desta localidade, en cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poida examinarse o expediente AM/01/12, na Sección de Urbanismo deste concello, polas persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

O Porriño, 17 de xaneiro de 2012.

José Nelson Santos Argibay
Alcalde