Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2012 Páx. 5803

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial da modificación puntual do artigo 131 do Plan Xeral Municipal de Ordenación, ordenanza 7.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 26 de xaneiro de 2012, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do artigo 131 do PXMO, ordenanza 7, consistente na supresión do segundo parágrafo do punto 2 do artigo 131 para desenvolvelo con maior precisión e detalle nun novo punto 5 do mesmo artigo 131 ou variante 7C de edificacións hoteleiras existentes.

De conformidade co artigo 85.2 da Lei 9/2002, modificada pola Lei 2/2010, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 2 de febreiro de 2012.

Ángel García Seoane
Alcalde presidente