Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2012 Páx. 5806

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a subministración de carbón activo para a planta de depuración de gases do Complexo Ambiental de Cerceda (NC 0003/2012).

Data límite para a presentación das ofertas: 29 de marzo de 2012, ás 13.00 horas.

Data de apertura do sobre B: 16 de abril de 2012, ás 11.00 horas.

O prego do concurso poderá retirarse a partir desta data en:

– Plataforma de Contratación Pública de Galicia www.contratosdegalicia.es.

– www.sogama.es, epígrafe de Perfil do contratante.

– Copy Nino; rúa Os Feáns, n.º 19, Santiago de Compostela. Telf.: 981 58 89 38.

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, n.º 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña). Telf.: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Este anuncio enviouse ao Diario Oficial de la Unión Europea o 6 de febreiro de 2012.

Cerceda, 6 de febreiro de 2012.

Luis Lamas Novo
Presidente da Sociedade Galega de Medio Ambiente