Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2012 Páx. 5760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica do concello de Santa Comba (expediente IN407A 292/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, 20-B, 15840 Santa Comba.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T.S., cuartel.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV cunha lonxitude de 62,57 m con orixe no C.T. cuartel proxectado, condutor R.H.Z.1 20L-12/20 kV-3 (1×240Al) e final no C.T. Marlán existente.

C.T. prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea con orixe no C.T. cuartel proxectado, de 36,97 m de lonxitude, en condutor XZ1. Concello de Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2012.

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial