Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2012 Páx. 5759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a presentación do permiso de investigación Vilatuxe 3129.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra fai saber que Solid Mines España, S.A.U., con domicilio na rúa Lagunas de Villafáfila 43, nave 2, 37008 Salamanca, presentou nesta xefatura territorial, o día 9 de setembro de 2011, solicitude do permiso de investigación denominado Vilatuxe, sobre unha superficie de noventa cuadrículas mineiras para a investigación de estaño, volframio, tantalio, niobio e litio, situado nos termos municipais de Forcarei, Silleda e Lalín (Pontevedra) e O Irixo (Ourense) e ao que lle correspondeu o n.º 3.129.

A designación do terreo en coordenandas xeográficas é a seguinte:

Vértices

Lonxitude

Latitude

V1

8º 15´00´´

42º 36´40´´

V2

8º 14´00´´

42º 36´40´´

V3

8º 14´00´´

42º 36´00´´

V4

8º 10´20´´

42º 36´00´´

V5

8º 10´20´´

42º 34´00´´

V6

8º 15´00´´

42º 34´00´´

O que se fai público en cumprimento do artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de trinta (30) días ante esta xefatura territorial.

Pontevedra, 19 de decembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra