Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5678

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Samos

ANUNCIO de información pública sobre legalización de comedeira ao aire libre en Teibilide.

Pilar Rodríguez Valcárcel solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a legalización de comedeira ao aire libre en Teibilide-Samos. En cumprimento do disposto no artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este período, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última públicación deste edicto no DOG e no BOP, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Samos, 13 de xaneiro de 2012.

Julio Gallego Moure
Alcalde