Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5677

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para un soar situado na rúa Peteiro.

Anuncio de aprobación inicial do estudo de detalle para axuste de aliñacións e rasantes para un soar situado na rúa Peteiro, concello de Mugardos, promovido por Montrove Promoxestión, S.L.

A Xunta de Goberno local, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 5 de xaneiro de 2012, aprobou inicialmente o estudo de detalle para axuste de aliñacións e rasantes para un soar situado na rúa Peteiro, concello de Mugardos, promovido por Montrove Promoxestión, S.L., redactado polo arquitecto Francisco Otero Méndez, con data de abril de 2010, coas seguintes consideracións:

a) Deberase actualizar o plano 14. Xustificación art. 221 do PXOM de Mugardos cos estudos de detalle aprobados e en tramitación no ámbito.

b) En cumprimento do artigo 5 do Decreto 29/2010, do 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia, achegarase memoria xustificativa da adecuación destas.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos de que durante o prazo de vinte (20) días, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG, poidan formular as reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licenzas.

A Xunta de Goberno local, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 5 de xaneiro de 2012, acordou a suspensión de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para as áreas determinadas no devandito estudo de detalle. O que se fai público en cumprimento do artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Mugardos, 19 de xaneiro de 2012.

Xosé Fernández Barcia
Alcalde