Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5679

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública de actividades suxeitas a avaliación de incidencia ambiental.

José Antonio García García solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a apertura dun taller de maquinaria agrícola, que se situará no lugar e parroquia de Vilamaior; de acordo co proxecto básico e de execución presentado de legalización e construción de edificación para taller de maquinaria agrícola; en cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este (que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no DOG) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello e formular as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Santa Comba, 1 de febreiro de 2012.

Antonio M. Landeira Gallardo
Alcalde