Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5680

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Tiro Olímpico

ANUNCIO de modificación de diversos artigos dos estatutos desta federación.

Aprobada a modificación dos estatutos pola asemblea xeral da Federación Galega de Tiro Olímpico, en reunión extraordinaria do 2 de outubro de 2010, e ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte en Resolución do 31 de outubro de 2011, de conformidade co artigo 31.6 da Lei 11/1997, xeral do deporte de Galicia, procédese ao anuncio da modificación de diversos artigos dos seus estatutos, e deposítase copia íntegra deles no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia da Secretaría Xeral para o Deporte.

Lugo, 16 de xaneiro de 2012.

Ángel Blas Paz Díaz
Presidente da Federación Galega de Tiro Olímpico