Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5681

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación de Comercio, Hostalaría e Turismo de Comisións Obreiras

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2012 polo que se convoca o concurso para a adxudicación do servizo de impartición de accións formativas dirixidas a traballadores ocupados na Comunidade Autónoma de Galicia (PF-2011/000108).

1. Entidade adxudicadora: Federación Estatal de Comercio, Hostalaría e Turismo de Comisións Obreiras de Galicia (FECOHT-CC.OO.).

2. Obxecto do contrato: impartición da formación por profesores e titores, posta á disposición das aulas debidamente equipadas, achega de materiais didácticos, equipamentos e calquera outro elemento necesario para levar a cabo a correcta execución de accións formativas dirixidas a traballadores.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación. Prego de condicións.

a) Petición: a través do correo electrónico: tvalencia@fecoht.ccoo.es ou nas oficinas da Federación de Comercio, Hostalaría e Turismo de Comisións Obreiras de Galicia (rúa Teixugueiras, 11, 36212 Vigo). As propostas presentaranse no enderezo indicado na cláusula 5.c).

b) Data límite de obtención de documentación: ata as 14.00 horas do terceiro día posterior a esta publicación (se o mencionado día fose sábado ou festivo, prorrogarase automaticamente ao primeiro día hábil).

5. Presentación das propostas.

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do sétimo día natural contado desde o día seguinte a esta publicación (se o sétimo día fose sábado ou festivo, prorrogarase automaticamente ao primeiro día hábil).

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: FECOHT-CC.OO., praza de Cristino Martos, 4-3.º, 28015 Madrid.

6. Resolución das ofertas: segundo o prego de condicións.

Madrid, 30 de xaneiro de 2012.

Tomás Valencia Barrios
Secretario de Formación da Federación Estatal de Comercio, Hostalaría e Turismo
de Comisións Obreiras de Galicia