Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5623

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

CÉDULA de notificación de sentenza (PO 170/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 170/2011 por instancia de Josefa Suárez Vázquez, Raquel Senra Rial, M. Dores Lema Carballo, M. Lucía Suárez Vázquez, Josefina Santos Arcas contra Confecciones Artextil, S.L., administración concursal Artextil e Fogasa sobre cantidade, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decisión:

Tense por desistido da reclamación exercida por Josefa Suárez Vázquez, Raquel Senra Rial, María Dolores Lema Carballo, María Lucía Suárez Vázquez, Josefina Santos Arcas, contra as entidades Industria de Diseño Textil, S.A. Inditex, Stear, S.A.

Tense por desistida da reclamación exercida a María Dolores Lema Carballo, ao non ter comparecido ao acto do xuízo.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Josefa Suárez Vázquez, Raquel Senra Rial, María Lucía Suárez Vázquez e Josefina Santos Arcas, contra a entidade Taller de Confección Artextil, S.L., e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Taller de Confección Artextil, S.L. a que lles aboe ás demandantes as cantidades que a continuación se explicitarán, por diferenzas salariais e horas extras realizadas entre xaneiro e decembro de 2010, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

– A Josefa Suárez Vázquez, a cantidade de 1.218,41 €.

– A Raquel Senra Rial, a cantidade de 1.144,03 €.

– A María Lucía Suárez Vázquez, a cantidade de 1.218,41 €.

– A Josefina Santos Arcas, a cantidade de 759,42 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 € do depósito especial indicado no artigo 227.1 a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Taller de Confecciones Artextil, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, e expido e asino esta cédula na Coruña o 23 de xaneiro de 2012.

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial