Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5622

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (531/2010).

Nos autos de referencia ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza número 194/11.

En Vigo o 18 de xullo de 2011.

Vistos por min, Concepción Sola Martín-Esperanza, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 4 da cidade de Vigo, os autos de xuízo ordinario seguidos co número 531/2010, en virtude de demanda interposta pola procuradora sra. Alonso Fernández, en nome e representación da entidade Recreativos Portal, S.L., asistida pola letrada sra. Deza Martínez fronte a Óscar Gómez López, Sergio Gómez López, Raúl Gómez López, Gómez López Óscar 000795602K, S.L.N.E., e Salvador Feliciano Gómez Vaqueiro, todos en situación de rebeldía procesual.

Decido que, estimando integramente a demanda de xuízo ordinario interposta pola procuradora dos tribunais Gemma Alonso Fernández, en nome e representación da entidade Recreativos Portas, S.L.:

Primeiro. Debo declarar e declaro a resolución do contrato do 1 de febreiro de 2007 subscrito entre as partes por incumprimento dos demandados.

Segundo. Debo condenar e condeno solidariamente os demandados a aboar á demandante a cantidade de 39.271,50 euros cos xuros legais correspondentes nos termos do fundamento xurídico terceiro.

Terceiro. Condeno os demandados ao aboamento das custas procesuais causadas.

Así, por esta sentenza, que non é firme e contra a que poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra que se preparará ante este mesmo xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, así o pronuncia, manda e asina Concepción Sola Martín-Esperanza, xuíza substituta deste xulgado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos demandados Óscar Gómez López, Sergio Gómez López, Raúl Gómez López, Gómez López Óscar, S.L.N.E., e Salvador Feliciano Gómez Vaqueiro, expídese esta para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 10 de novembro de 2011.

O secretario xudicial