Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.
Denominación: ampliación C.T. Vilaver 27 a 191.
Situación: concello de Chantada.
Características técnicas:
Substitución do actual C.T.I. de Vilaver, cunha potencia de 50 kVA por un de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.
Lugo, 19 de xaneiro de 2012.
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo