Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Folgoso do Courel (expediente IN407A 2011/106-2, 7944 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: ampliación C.T. Meiraos 27 a 459.

Situación: concello de Folgoso do Courel.

Características técnicas:

• Substitución do actual C.T.I. de Meiraos, cunha potencia de 50 kVA, por un de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 19 de xaneiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo