Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. praza Praterías, n.º 2.
Situación: concello de Santiago de Compostela.
Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,078 km, con orixe e final na L.M.T.S. SCY-813, entre C.T. Praterías e o C.T. rúa Nova, n.º 11, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al).
Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e relación de transformación de 20.000/400-230 V. Concello de Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.
A Coruña, 25 de xaneiro de 2012.
Por vacante (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial