Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Palas de Rei (expediente IN407A 2011/71-2, 7909 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: desvío de instalacións eléctricas en autovía A-54 tramo Palas-Guntín.

Situación: concello de Palas de Rei.

Características técnicas:

Modificación no p.q. 0+000 da traza da autovía A-54.

• L.M.T.A. a 20 kV PAL 806 Coto 6 con orixe no apoio existente n.º 1 e final no apoio existente n.º 5 da mencionada liña, cunha lonxitude de 294 metros (entre condutor para retensar e proxectado) en condutor LA-110.

Modificación no p.q. 2+200 da traza da autovía A-54.

• L.M.T.A. a 20 kV PAL 805 Friol 5, con orixe no apoio existente n.º 2 e final no apoio existente n.º 9, cunha lonxitude de 796 metros (entre condutor para retensar e proxectado) en condutor LA-110.

Modificación no p.q. 6+840 da traza da autovía A-54.

• L.M.T.A. a 20 kV (L.M.T. a C.T. Vilamourel), con orixe no apoio existente n.º 1 e final no apoio existente n.º 2, cunha lonxitude de 97 metros (tramo 1), e con orixe no apoio existente n.º 1 e final no apoio existente n.º 2, cunha lonxitude de 109 metros (tramo 2) en condutor LA-56.

Modificación no p.q. 6+840 da traza da autovía A-54.

• L.M.T.S. a 20 kV (L.M.T. a C.T. Vilamourel), con orixe no paso aéreo a soterrado no apoio metálico proxectado n.º 1 e final no paso aéreo a soterrado no apoio metálico proxectado n.º 2, cunha lonxitude de 130 metros en condutor R.H.Z.-1.

Modificación no p.q. 10+200 da traza da autovía A-54.

• L.M.T.A. a 20 kV (L.M.T. a C.T. Mosteiro), con orixe no apoio existente n.º 3 e final no apoio proxectado n.º 4, cunha lonxitude de 99 metros (tramo 1) e con orixe no apoio proxectado n.º 1 e final no apoio existente n.º 2, cunha lonxitude de 133 metros (tramo 2) en condutor LA-56.

Modificación no p.q. 10+200 da traza da autovía A-54.

• L.M.T.S. a 20 kV (L.M.T. a C.T. Mosteiro), con orixe no paso aéreo a soterrado no apoio metálico proxectado n.º 1 e final no paso aéreo a soterrado no apoio metálico n.º 4, cunha lonxitude de 305 metros en condutor R.H.Z.1.

Modificación no p.q. 11+300 da traza da autovía A-54.

• L.M.T.A. a 20 kV (L.M.T. a C.T. Carteire), con orixe no apoio existente n.º 1 e final no apoio existente n.º 6, cunha lonxitude de 328 metros (entre condutor para retensar e proxectado) en conductor LA-56.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 16 de xaneiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo