Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei (expediente IN407A 2011/115-2, 7951 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello de Outeiro de Rei.

Domicilio social: pza. do Concello, 1, 27150 Outeiro de Rei.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. para urbanización sector RA-49.

Situación: concello de Outeiro de Rei.

Características técnicas: L.M.T.S. con orixe no C.T. Ramil 2 existente, entra e sae no C.T. 1 RA-49 proxectado, entra e sae no C.T. Alargos 2 existente, entra e sae no C.T. 2 RA-49 e remata nun paso aéreo a soterrado na L.M.T.A. existente dirección a Ombreiro, cunha lonxitude de condutor proxectado de 1.000 metros e condutor existente 560 metros tipo R.H.Z.-150.

C.T. 1 RA-49 en edificio prefabricado tipo PFU-4, cunha potencia proxectada de 630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

C.T.2 RA-49 en edificio prefabricado tipo PFU-5 (en substitución do antigo C.T. Alargos 1 para desmontar), cunha potencia proxectada de 2×630 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e dúas de protección do transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

R.B.T.S. con orixe nos C.T. proxectados e final nas parcelas da urbanización, cunha lonxitude de canalización de 2.255 metros en condutor tipo RV.

Enlace da R.B.T. existente do C.T. Alargos 1 coa R.B.T. do C.T. 2 RA-49.

Desmontaxe do tramo inicial da L.M.T.A. dirección Ombreiro, cunha lonxitude de 510 metros de condutor LA-56, dous apoios de formigón e tres apoios metálicos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 17 de xaneiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo