Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2012 pola que se notifica a incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/64/2011 e a orde de suspensión de obras ditada no expediente IU3/66/2011, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario descoñecido.

A inspectora urbanística acordou o 20 de decembro de 2011 dar traslado a Teolindo Fortes López do acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/64/2011 e da orde de suspensión de obras ditadas no expediente IU3/66/2011, en relación coa actividade realizada en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistente na construción dunha edificación con tipoloxía residencial non vinculada a explotación agrícola ou gandeira, no lugar de Fontao, parroquia de Belesar, no termo municipal de Chantada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do traslado de ambos os acordos, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito traslado dos acordos.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do traslado dos acordos que se notifican se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edifício Witland, 1.º andar - Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

En relación co acordo de incoación, o interesado dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

En relación coa orde de suspensión de obras, infórmase de que esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a notificación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística