Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/212/2011, devolto polo órgano notificador por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III acordou, o día 12 de decembro de 2011, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a María del Carmen Álvarez Fontenla, en relación coas obras de construción dunha vivenda unifamiliar e construción auxiliar no lugar das Quintas, na parroquia de Salamonde, no concello de San Amaro, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do dito acordo, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notificaselle á interesada o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística