Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2012 pola que se comunica a desestimación do recurso de reposición interposto por Salgueiro Arribas, Manuel contra a resolución de arquivo de axuda ditada no expediente IG128.2010.1.72, relativo a unha axuda de diagnósticos integrais de situación, elaboración e implantacións de plans estratéxicos.

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), mediante esta resolución ponse en coñecemento de Salgueiro Arribas, Manuel, titular do expediente IG128.2010.1.72, relativo a unha axuda de diagnósticos integrais de situación, elaboración e implantacións de plans estratéxicos-Programa Innoempresa (Resolución do 21 de maio de 2010, DOG n.º 100, do 28 de maio), que, con data do 6 de setembro de 2011, o secretario xeral do Igape (por acordo de delegación de facultades do Consello de Dirección do Igape do 1.6.2011, DOG núm. 113, do 14 de xuño) resolveu rexeitar o recurso de reposición interposto contra a resolución de arquivo de axuda.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. A resolución de recurso de reposición esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto ao interesado neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2012.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica