Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 22 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete á información pública a petición do dereito mineiro que se cita (número 5215 Brull), sito nos concellos de Melón e Carballeda de Avia (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, sométese á información pública a petición do dereito mineiro que se cita:

Número: 5215.

Nome: Brull.

Tipo de dereito: permiso de investigación.

Peticionario: Manuel Alonso Losada.

Enderezo: Areal, 62-7.º A. 36211 Vigo (Pontevedra).

Data de solicitude: 25 de marzo de 2011.

Cuadrículas: 6.

Recursos: recursos da sección C.

Concellos: Melón e Carballeda de Avia (Ourense).

Designación:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

8º 12’ 20”

42º 18’ 20”

2

8º 11’ 20”

42º 18’ 20”

3

8º 11’ 20”

42º 17’ 40”

4

8º 12’ 20”

42º 17’ 40”

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1-4.º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 22 de novembro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense