Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 26 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a proposta de resolución do expediente sancionador E.S. 41/11.

Notifícaselle ao denunciado cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo a notificación da proposta da resolución ditada polo instrutor do expediente que se cita e que na súa parte dispositiva di: sancionar a Estación de Servizo Carballo, S.L. coa multa de 1.000 (mil) euros como responsable da infracción administrativa especificada nos fundamentos xurídicos desta propuesta de resolución.

Os interesados dispoñen de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo para presentaren alegacións, no prazo de quince días hábiles, ao termo dos cales o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria dictará a resolución definitiva que corresponda.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administracón Industrial

ANEXO

Expediente sancionador: E.S. 41/11.

Denunciada: Estación de Servizo Carballo,S.L.

Infracción: deficiencias nas instalacións da estación, Lei de industria, artigo 31, alíneas h), i) e 1).