Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-55/2011 RE).

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, n.º 18, 4.º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 18 de xaneiro de 2012.

José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-55/2011 RE.

Denunciado: Ioan Munteanu.

Acto notificado: resolución de expediente.