Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa do anteproxecto central de xeración de enerxía eléctrica mediante o aproveitamento do biogás producido nunha planta de valorización de residuos en Pol (expediente IN 408A 2011/2-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, Real decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Peticionario: Newtech Internacional, S.L.

Domicilio social: estrada Ourense n.º 54-56, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

Situación: polígono 6, parcela 626, Pol (Lugo).

Características técnicas principais:

– Instalacións de xeración mediante unha unidade de coxeración CHP en contedor estándar insonorizado, cun alternador síncrono a 400 V e motor de gas de combustión interna cunha potencia nominal de 500 kW, un circuíto de intercambio de calor, unha instalación receptora e un refrixerador de biogás, xunto cun aerorefrixerador de emerxencia.

– Sistema de motorización para control automático e medición.

– Centro de transformación prefabricado en formigón, cun trafo de 630 kVA de potencia, Dyn11 e 20/0,42 kV, para elevar a tensión da enerxía xerada, e outro de 250 kVA igualmente Dyn11 e coa mesma relación de transformación para a alimentación dos equipamentos que se van instalar.

– Liña de media tensión soterrada baixo tubo para a evacuación da enerxía xerada, en dobre circuíto, con cables illados R.H.Z.1 12/20 kV de 150 mm2, e 9 metros de lonxitude aproximadamente, desde o citado centro de transformación ata o entroncamento aéro-soterrado no punto de conexión facilitado pola compañía distribuidora da zona, na liña eléctrica existente denominada L.M.T. 20 kV Mosteiro, no contormo da derivación ao C.T.I. Gasolineira da derivación Rois Ludrio, no límite da parcela da peticionaria.

Finalidade da instalación: xeración de enerxía eléctrica a partir do biogás, que se obterá da metanización de residuos agroindustriais.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o anteproxecto de referencia e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, con enderezo na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, no prazo dun mes a partir da última publicación. Tamén poderán facelo, no mesmo prazo, no Concello de Pol (Lugo).

Lugo, 9 de xaneiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo