Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2011/243).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra de Cabalar, S.L.

Domicilio social: Arnoso, 1, 15613 A Capela.

Denominación: reforma L.M.T., C.T. e R.B.T. en Boente.

Situación: concello das Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas:

– Substitución na liña de media tensión aérea a C.T. Goente, a 15 kV e condutor LA 56, do apoio de fin de liña por un apoio HVH-2500-S13.

– Proxéctase unha liña de media tensión subterránea a 15 kV a C.T. Goente, cunha lonxitude de 20 m, coa orixe no apoio fin de liña da L.M.T.A. existente (expte. 51179), condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×150 Al) e final no C.T. Goente (expte. 95/25).

– Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

– Rede de baixa tensión subterránea coa orixe no C.T. Goente, cunha lonxitude de 68 m, condutor X.Z.1.

– Liña de baixa tensión aérea, condutores tipo R.Z.-3×150/80 (300 m) e R.Z.-3×50/54,6 (150 m) e instalación de 10 apoios de formigón tipo H.V. de entre 8 e 13 m de altura.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial