Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 85/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I. Recuamento L.M.T. e C.T., en estrada AC-141 (actual estrada AC-564).

Situación: concello de Cabanas.

Características técnicas:

– Recuamento da L.M.T. aérea EUM-703 Cabanas-Eume (expte. 209/1997) a 15/20 kV, por reforma da estrada AC-141, no tramo entre o C.T. Cabanas (expte. 209/1997) e a derivada a Pía de Hombre (expte. 51279), nunha lonxitude de 0,071 km, consistente na substitución do apoio n.º 2 por outro de celosía e a instalación dun novo apoio n.º 3 na L.M.T.A. existente, mantendo a mesma traza, con condutor LA-110.

– Reforma do C.T. existente non prefabricado Lavandeira (expte. 29980), alimentado da L.M.T.A. EUM-707, consistente na substitución do transformador por un novo de potencia 160 kVA, e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, instalación de autoválvulas, cambio de cableado de entrada, novo cadro de B.T., reparación de caseta de obra civil e instalación dun seccionador XS, no entroncamento da derivada, no concello de Cabanas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial